viernes 16 de octubre de 2009

... E CHEGAMOS Ó FINAL !!! ...

E por fin chegou o momento da despedida... a verdade é que este foi un ano compicado e con moito traballo no que os catro tivemos que sacar tempo das nosas vidas para adicalo a organizar unhas festas nas que, eso sí, puxemos tódalas nosas ilusións.

Nestas festas tentamos ademáis de reunir as mellores orquestras con matices moi distintos, dende a música máis rompedora ata os metais máis doces, coidar outros aspectos propiciando actividades variadas das que puidesen desfrutar maiores e nenos.

Sabemos que cada un tedes gustos e preferencias distintas pero esperamos haber elexido algo perfecto para cada un, algo co que vos sintades identificados ou que desfrutedes especialmente, porque ESTAS FESTAS FORON PARA VOS, PARA TODOS E CADANSEU.

E non queremos irnos sen facer o máis importante, agradecervos a todos a colaboración, a económica dende logo xa que sin ela estas festas non serían posibles… ó Concello, ás empresas colaboradoras, ós bares do pobo, a todos os veciños coas suas aportacións, ós que domingo tras domingo participástedes no noso sorteo, ós que colaborástedes nas actividades ó longo do ano e moi especialmente a todos os que nos axudastes a organizalas … sen todos vos, non seríamos quen de levalas a cabo, e moi especialmente o apoio, os consellos, a paciencia e o cariño co que todos e cada un de vos nos tratástedes.

Sen dúbida, todo isto fixo deste longo camiño inicial unha experiencia inolvidable.

MOITAS GRAZAS A TODOS
Sentimos non ter máis fotos ... ó final durante os días máis importantes, o "estrés" non nos deixou prestarlle moita atención á cámara... unha pena... deixámosvos solo unhas pequeniñas pinceladas.












jueves 3 de septiembre de 2009

E en primicia, o noso cartel...




jueves 30 de julio de 2009

X FEIRA DA TROITA

¡¡¡ FESTA RACHADA DURANTE TODA A FIN DE SEMANA !!!

E para empezar, a Comisión de Festas proponvos ...

O próximo día 23 de agosto terá lugar a X Feira da Troita de Sobrado na que, como todos os anos, ademáis de poder degustar as xa famosas troitas "á carballesa" poderemos participar noutras entretidas actividades coma o concurso de pesca ou a baixada de carrilanas e desfrutar da exposición de productos artesanais.
Pero iso non é todo, a festa comenzará o sábado 22 co "V Festival Musical e Intercultural da Xuventude" no que este ano contaremos co grupo ITH e cos míticos CELTAS CORTOS.

Sen dúbida este ano a Feira presentase especialmente animada así que, no nome do Concello, quedades todos convidados.

lunes 13 de julio de 2009

DIA DA FAMILIA ...

... vendo esta imaxe... qué diríades que está facendo ???
.... non, non, no me señades porquiños, que non é o que parece ... seguide mirando e averiguarédelo.


" ¡¡¡que bueno estoy!!!"

Sheila sempre é quen de protagonizar as imaxes máis simpáticas...

Estaredes de acordo con que esta fotografía merece un lugar privilexiado... ou non???... ja,ja
"José Luis, el terror de las nenas"


Logo de comer unha espectacular paella "made in feita nas Cruces" e coas enerxías renovadas ... os primeiros en caer á auga non tardaron en chegar...




E empezaron os xogos... o da corda tivo, sen dúbida, moito éxito, especialmente entre os maiores que son coma nenos ...

Cando se quere gañar, agudízase o inxenio!












vaia caras de esforzo !!!



¡¡¡os campions!!!
Carreira de sacos


... con algunha que outra "magreví" infiltrada...



... e as rapazas tampouco se libraron ...


... alguns quixeron resistirse
e houbo que persuadilos...


David e Javier Bukanan


FOTOS NOVAS DO SAN PEDRO..... PARA COMPENSAR OS DESPISTES !!!




jueves 2 de julio de 2009

Non me puiden resistir a reproducir esta crónica que atopei no blog máis visitado de Sobrado, o de Victor Lato... unha crónica con todo luxo de detalles... como nos gusta!!!
(latosobrado.blogspot.com)

"Un San Pedro no que poido afirmar o igual que moitos dos meus compañeiros que igual foi o máis divertido de todos cantos acordamos. Pódese definir con unha frase FESTAZA!
Festaza, dende o momento que Gelito subiu ó palco e cantou enteiriña "Dolores se llamaba Lola", non conforme con eso meteu 3 berros estilo "Rammstein" que xa forman parte da historia do pobo e deronlle un toque bestial a canción.Festaza foi dende o momento en que chegamos a Ramiro as 4 AM tras acabar Troco e un cúmulo de casualidades fan que Nando con unha bandexa, Lisardo co teléfono-monedero, Chino coas pinzas do xeo, Pedino co cinseiro, coas mans e cos pes, Jorge primeiro co cristal e logo coa parede e Capitán con un trompetín deciden montar unha "charanga" o azar facendo un son xenial e adicandonos 3 horas e media inolvidables con un son sorprendente. Baixo a atenta mirada de unhas 30 ou 40 personas que cantaban e bailaban sen parar baixo a luz vermella de un Ramiro espectacular. GRAZAS MÚSICOS!
Festaza foi o día seguinte cando na sesión vermouth o Grupo Triunfo pechou a súa actuación con un poutpourri dos anos 70 co "Abanibí" como bandeira e que entre os Martinis e a música xa daban gañas de saltar.
Festaza foi o luns pola noite no primeiro pase de Triunfo cando o personaxe da pregunta da semana fixo e dixo todo aquelo que xa está máis que comentado.Festaza foi cando no segundo pase de Triunfo deron un recital de como se mete música de caña para pouco pero intenso público que non dudaron un intre en agradecelo... e a Gelito tamén que subiu o palco por segundo día consecutivo e adicounos varios "berros" característicos que dame a min que vai ter que repetir nos Dolores diversas veces. Por suposto, tras acabar Triunfo houbo repetición de actuación en Ramiro con Puri como bailarina principal.Festaza foi cando o martes na sesión vermouth o Dúo Camelia trouxo un son que parecía a Panorama e aínda por riba a cantante traia un vestido rosa que gustou moito ó persoal...
Grazas a Comisión e Grazas a tod@s cos que compartín festa, sodes a p... bomba!!!San Pedro 2009 xa quedará para sempre no meu maxín".

SAN XOAN ... (sentimos haber alterado a orde pero as fotos do San Pedro están a continuación)


E ESTES OS NOSOS COLABORADORES... A VERDADE É QUE XA CASE FORMAN PARTE DA COMISIÓN ... NON SEI COMO PODERÍAMOS FACER AS COUSAS QUE FACEMOS SEN A SUA AXUDA... ALBERTO, VICTOR, PICHI, SHEILA, DANI, CÉSAR, PICHÓN, ESTEBAN, JOSÉ MANUEL, OVIDIO, O CONCELLO... SEGURO QUE SE NOS QUEDA ALGÚN AINDA SIN QUERER... A TODOS, DE VERDADE, MOITAS GRAZAS.
ALBERTO E PICHI OCUPARONSE DA PARRILLA E VICTOR DA PASTA!!

DAVID E CÉSAR ENCARGÁRONSE DAS TROITAS...

... E SHEILA ESTÁ COLLENDO UNHA EXPERIENCIA COMO CAMARERA ...




























... E PARA OS QUE MÁIS AGUANTARON... O COCIÑEIRO PREPAROU UNHOS BOCADILLOS DE PANCETA ANTICOLESTEROL BOÍSIMOS !!!